Anótate xa, o aforo é limitado!
*Aforo limitado a 180 persoas/hora para un total de 2700 persoas ao longo do día.
*Imprescindible levar o DNI para acceder ó casino.
O vindeiro sábado 20 de maio o Casino de Vigo acollerá o acto de presentación da nova Cervexa Afouteza.
Dende Afouteza, creamos unha xornada chea de intensidade, sabor, lecer e, como non podía ser doutro xeito, cervexa. Durante o vindeiro sábado 20 de Maio celebraremos no Casino de Vigo unha xornada de portas abertas, que se desenvolverá de 12:00 do mediodía a 04:00 da madrugada. Todos os asistentes e convidados poderán gozar de concertos, monólogos, espectáculos de maxia, degustacións de maridaxe…
Ademáis, poderán descubrir e gozar dos matices, aromas e sabores que agocha Afouteza, que agocha a nosa Terra.